'Voando coas aas da vida', o legado artístico de Avelino Cachafeiro nun mural e un poemario
Avelino Cachafeiro, o gaiteiro que levou a música desde Galiza, a través do punteiro por América e mesmo pola península ata que foron sorprendidos pola Guerra Civil en Barcelona, desfacéndose o grupo Os Gaiteiros de Soutelo, datas cando cambia o roncón pola caneta e escribe "Voando coas aas da vida", un poemario de 42 versos prologado por Ramón Otero Pedrayo, onde reflexa o amor, a terra e mesmo a nostalxia das cantigas de Terra de Montes.
Alen de rexentar unha gasolineira en Soutelo de Montes, no mesmo lugar estivo o frente da Sala de Festas "Changüi", aquela, onde o coterráneo e afamado Virxilio Vieitez, retratou ao vecindario en bodas e banquetes.
Nese mesmo lugar, que acollera celebres sesións de baile na década dos 70 e principios dos 80, existe un mural realizado por polifacético Avelino Cachafeiro, tamen pintor.
A peza artistica de 2,5 por 1,5 metros, titulada igoal que o libro de poemas, elaborada entre 1968 e 1969, incrustada nun tabique, amosa a imaxe dun gaiteiro con monteira, dedos no punteiro e unhas ás que simulam un voo.
A obra, donada polo sobriño do afamado Avelino, Francisco Alberte ao Concello de Forcarei, para trasladarse ao Auditorio Municipal, traballos que se levarán a cabo contando coa colaboración desinteresada de técnicos e empresas locais debido á complexidade da técnica.