Mos ofrece cultura a través das redes sociais os venres, sábados e domingos das semanas que dure o confinamento
"Dado
que a situación de confinamento impídenos saír a disfrutar de concertos e
outras alternativas de ocio cultural e dado que o de Mos e un municipio cun tecido cultural riquísimo en agrupacións
musicais, teatrais, de baile... e de artistas solistas excepcionais;
decidimos trasladar a idea deportiva ao ámbito cultural e centralizala durante
as fins de semana, que era
cando normalmente a veciñanza soía facer saídas de ocio cultural que agora non
pode realizar e nós querémosllas ofrecer virtualmente para que poidan gozar
delas desde a casa", explicou a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo.
Deste xeito 'A Cultura non Para en Mos' desenvolverase durante os venres, sábados e domingos das semanas que dure o confinamento. Comezando este venres 3 de abril. As actuacións culturais, que incluirán música e outras disciplinas artísticas, poderán ser visualizadas a través do Facebook e da páxina web do Concello de Mos.
Todos os espectáculos correrán a
cargo de artistas mosenses,
comezando polo gaiteiro de Louredo autor do Himno de Mos, Xulio Lorenzo, a cantante Uxía, Alberto López do Grupo Sete
Netos da Asociación de Residentes de Mos en Bos Aires, músicos/as da Banda Xuvenil de Torroso, o
tamén cantante Antonio Barros a dúo con Ialma ao piano... etc. Aos que se irán sumando moitos máis músicos e
artistas locais.
A eles/as aos/ás artistas mosenses
colaboradores/as con esta iniciativa, a rexedora local mosense agradécelles
enormemente "a súa colaboración desinteresada, o seu bo facer, e que sexan
o orgullo de Mos, ao ter levado o nome deste municipio polo mundo adiante,
amosando o seu arte e a calidade da cultura mosense"; ademais Arévalo
destaca que "nesta crise están a demostrar máis que nunca o amor polo seu
pobo, a súa solidariedade e a súa vontade de colaborar co ben común; grazas a
eles a partir de mañá quedar na casa será máis agradable e entretido, porque
coas súas actuacións voltarán a facernos gozar da nosa cultura, da cultura
mosense", concluiu a alcaldesa de Mos.
Tras a iniciativa 'O Deporte non Para en Mos' que surxiu no Concello para que a veciñanza puidera continuar facendo exercizo e manténdose en forma na casa a pesar do confinamento, a Alcaldía mosense inicia esta fin de semana esta nova iniciativa, 'A Cultura non Para en Mos'.