O Ateneo Cultural de Bembrive, 40 Anos de Música e Excelencia

Dende xaneiro de 2020, dirixe a Banda Iván Carreira.

A Praza de Princesa, o pasado domingo, a pesar das altas temperaturas, abarrotada para para escoitar  o Ateneo Cultural de Bembrive. "Poeta e Aldeán" de Franz von Suppé; e "Sinatra in Concert" con arranxos de Jerry Nowak foron algunhas das obras interpretadas en Vigo o día do Cristo da Victoria.

O Ateneo Cultural de Bembrive, creado o 1 de outubro de 1984, inicia a súa andadura baixo a iniciativa de Roberto Carlos Lobato Abalde, con 20 nenas e nenos. Nos inicios do ano 1996, asume o reto D. Xavier González Lamas, creando unha Escola de Música que actuou por primeira vez o 19 de decembro de 1996, no Auditorio Centro Cultural Helios de Bembrive. Non é ata o 6 de febreiro de 1999 cando se presenta oficialmente, apadriñada pola Banda Agrupación Musical de O Rosal e, o 30 de maio do mesmo ano, no Auditorio do Concello de Vigo.

Sucedéronse concertos con máis asiduidade, incluso no Norte de Portugal, Navarra ou Toledo. En 2019, recibe a "Mazá de Ouro" pola súa labor social, educativa e cultural, e obtén diversos galardóns, entre eles o 2º Premio no Certame Provincial de Bandas de Música da Excma. Deputación Provincial de Pontevedra en 2004, e o Primeiro Premio no II Certame Zonal de Vigo da Excma. Deputación Provincial en 2009.

Ana Ortiz, vicepresidenta del Ateneo
Cultural de Bembrive, en el centro,
atenta al concierto, en la Plaza de la Princesa.

Dende xaneiro de 2020, dirixe a Banda Iván Carreira. "Agüero" de José Franco.