Ponteareas pon en marcha un xogo de pistas en escaparates para impulsar comercialmente o Día da Nai
26 de abril de 2024 (23:38 h.)
O Concello inicia unha campaña que busca potenciar o dinamismo do comercio local no marco da celebración do Día da Nai.
O Concello inicia unha campaña que busca potenciar o dinamismo do comercio local no marco da celebración do Día da Nai. Para iso, puxo en marca unha iniciativa na que os veciños e as veciñas deberán resolver un xogo de pistas consistente en atopar tres figuras distribuídas en tres escaparates diferentes dos establecementos do municipio.
Toda vez que as localicen, deberán enviar un correo á dirección comercio@ponteareas.gal cos nomes dos comercios onde atoparon as figuras así como a cor de cada unha delas xunto ao seu nome, apelidos e número de teléfono. Deste xeito, entrarán nun sorteo, que se celebrará o día 9 de maio, dun menú degustación para dúas persoas no restaurante A Xanela.