Os nenos mosenses dispoñen dun programa de animación e lecer infantil

Nenos mosenses coa alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e o ciclista Óscar Pereiro. ARCHIVO.

Dado que nos atopamos en Semana Santa, datas nas que os cativos interromperán por uns días as súas tarefas escolares, e que o Concello de Mos está a emprender diferentes programas on line en redes sociais de lecer dirixidos a diferentes públicos para tratar de facer máis levadeira  a situación de confinamento polo estado de alarma derivado da crise sanitaria do COVID-19, os/as nenos/as de Mos non podían ser menos. E hoxe presentouse a nova iniciativa municipal: "AnimaMOS nas redes", de animación e lecer infantil, que comezará o vindeiro Domingo de Pascua, día 12 de abril.

Os contidos de entretemento para os/as pequenos/as poderán visualizarse todos os mércores e domingos no Facebook e na páxina web municipal do Concello de Mos, www.mos.es

Entre ditos contidos haberá desde música, ata maxia, manualidades,

xogos, cociña..., etc.

Para a creación dos devanditos contidos o Concello de Mos contará coa

colaboración, entre outros, de Uxía Lambona, o Mago Marco, As Maimiñas,

XQuatro, Carcajadas Animación, Animarte, Activalede,

Diverti-MOS. E moitos outros colaboradores/as.

O infantil é o sector da poboación que máis está a achacar as

circunstancias de encerro, porque os/as cativos/as na meirande parte dos casos

non comprenden a situación de confinamento e surxen reaccións de frustación,

tristura, enfados, rabietas... Por iso desde o Concello de Mos surxiu esta

iniciativa, unha idea que nace coa vontade de volcarse nos máis pequenos e

facerlles que o día a día sexa o máis ameno posible; así como apoiar ás

familias e axudarlles aos seus pais nestes intres nos que se fai máis complicado

aínda concienciar a vida familiar e laboral por mor da situación de

confinamento.