O Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico tudense podería estar entre xullo e setembro
A tramitación do Plan Especial de Protección do Conxunto Histórico Artístico de Tui, PEPCHA, entra na fase final.
A próxima semana o equipo redactor entregará o documento incorporando as suxestións realizadas pola Dirección Xeral de Costas no seu informe sectorial favorable, o derradeiro destes documentos que estaba pendente.
Unha vez se conte co Plan xa con estas últimas modificación será levado a Xunta de Goberno para a súa aprobación provisional. Logo o documento remitirase á Consellería de Medio Ambiente Territorio e Vivenda que disporá dun prazo de dous meses para informar o PEPCHA. Por último será o pleno da corporación municipal de Tui a que deba dar aprobación definitiva.
Laureano Alonso, concelleiro de Patrimonio, agarda que o Plan poida estar definitivamente aprobado entre xullo e setembro. Isto suporá explica “un avance importante para a rehabilitación no conxunto histórico e brindará seguridade xurídica para todos”