Os traballos de acondicionamento do primeiro parque forestal San Cibrán-Os Muíños de Couso, desenvoltos en colaboración coas comunidades de montes en man común de Couso e de Guláns, están rematados. Deste xeito mantense a liña de colaboración e traballo participativo iniciado en 2015.
Co
obxectivo de potenciar os valores paisaxísticos e o uso e disfrute xeral por
parte da veciñanza o concello creou este primeiro parque forestal de preto de
165 hectáreas que conta cunha excelente conectividade co centro urbano e coas
parroquias con accesos fáciles que permiten acoller multitude de actividades
culturais, deportivas e recreativas.
Rosa
Covelo explica que os primeiros pasos que se deron na creación deste parque
forestal foron accións de defensa de incendios creando redes de faixas de
xestión de biomasa tanto nas vías e camiños forestais como no camiño
tradicional do Santo ou na contorna do sendeiro PGR 132 Muiños de Couso.
Tralos
incendios de outubro de 2017, momento tamén no que se comezaba co proxecto,
quedou patente a necesidade de protexer do lume estas áreas de patrimonio
natural, polo que os traballos de creación do parque tamén incluiron
cortalumes, rozas, plantación de frondosas e retirada de pés de eucalipto e
acacia negra existentes na zona, entre outras tarefas.
BOSQUE
As
rozas, a poda, a trituración dos restos de corta e a creación de faixas non só
reducen a propagación do lume tanto nas copas como no pé, ademais atenúan o
risco de desenvolvemento de patóxenos e enfermidades, melloran o aspecto
sanitario da masa e crean áreas de grande riqueza medioambiental como a área de
frondosas que cumpre unha importante función ecolóxica que propicia creación
dun corredor para a fauna e logra unha área de descontinuidade con respecto ás
masas forestais contiguas que frean o lume”.
PUNTO DE ENCONTRO
Pero
ademais, esta área de frondosas xenera un espazo de interese social que permite
o acompañamento o ascenso dos romeiros á capela de San Cibrán ou o paseo polos
muíños.
Rosa
Covelo engade que no Camiño do Santo tamén se configura un pequeno outeiro que
permite a creación dunha futura área de recreo e doado punto de encontro para
as familias.
Financiado no marco da subvención destinada a melloras dos montes mediante creación de parques forestais da Deputación de Pontevedra que aportou 28.535,57€ do custe total de 35.072.33 euros aportando o Concello a parte restante, o parque forestal San Cibrán-Os Muíños de Couso será unha zona de desfrute da natureza.
O
goberno de Ponteareas insiste na protección e na posta en valor do patrimonio
natural e no traballo participativo da man das comunidades de montes en man
común, tendo en marcha na actualidade outros dous parques forestais que
atinxen, xunto ao de San Cibrán-Muíños de Couso, a 8 parroquias cunha
superficie de 500 hectáreas: A Picaraña e Seixifornia-Viveiro