O
Concello de Ponteareas pon en marcha o
proceso de participación para o deseño das rúas Daniel Ojea, rúa dos Mestres e
rúa Vázquez Fraile e convoca á veciñanza da zona a unha reunión este venres día
22 ás 20:30 horas no salón de plenos da casa do concello. No encontro
participarán o Alcalde Xosé Represas, o concelleiro de Mobilidade e
Participación Cidadá, Roberto Mera e a concelleira de Vías e Obras Chus
Garrote.
Con
esta reunión o goberno local quere escoitar a opinión veciñal sobre as
problemáticas actuais das rúas e as ideas de futuro. A información recollida
nesta reunión será tida en conta no futuro para os proxectos técnicos de
reforma e humanización que se someterá igualmente a consulta pública para que a
transformación futura das rúas sexa o resultado do máximo consenso cidadá.
Estas
tres rúas foron deseñadas no seu día dacordo cun modelo de vila no que imperaba
o aproveitamento máximo dos solares para obter un alto beneficio urbanístico, a
creación de rúas estreitas, con beirarrúas insuficientes e sen arborado ou con
arborado inapropiado e a carón dos edificios.
O
goberno local quere revertir esta situación e reconducir o estado da vila
transformando o centro urbano nun lugar habitabel e para que a transformación
sexa eficaz e exitosa é preciso contar coa veciñanza que é a que coñece a
realidade diaria das rúas.
O
concello realizou estes días na rúa dos Mestres e Daniel Ojea obras de mellora
do firme das beirarrúas afectadas polas raíces do arborado e a retirada destas
árbores. para solucionar os problemas de seguridade e mobilidade que conlevaba
o deterioro desas beirarrúas.