A Festa de Samaín abre o outono cultural arbenser
A programación dan comezo ó día 23 de outubro coa Deporuta organizada pola Deputación de Pontevedra coa colaboración do Concello. As inscripción realizaranse na páxina web da Deputación de Pontevedra
O día 30 DE OUTUBRO a partir das 17:00 horas temos o noso tradicional MAGOSTO POPULAR na Praza do Concello donde haberá castañas, chourizos asado, música e xogos.
Entre a programación do outono cultural, reservanse os días 31 de outubro, 19 de novembro e 10 de decembro para as actividades infantiles dirixidas aos máis cativos.
O 31 de outubro, a Festa de Samaín, no Auditorio do Centro Multiusos de Arbo, será a actividade terrorífica do outono: pola maña de 10:00horas a 13:00horas: Obradoiros, xincana e conta contos terroríficos e de 17:00horas a 20:00horas: Concurso de Disfraces, Animación Musical, Larpeiradas de Samaín, Baile, Xogos e Festa. As incripcións para participar nos obradoiros da maña se farán nas oficinas municipais do Concello de Arbo. O 19 DE NOVEMBRO o auditorio do Centro Multiusos acolle ás 18:00 horas “OS BOLECHAS” e no marco do programa de dinamización lingüística FalaRedes 2022 da Secretaría Xeral de Política Lingüística para a Rede de Dinamización Lingüística (RDL), No marco do programa de dinamización lingüística FalaRedes 2022 da Secretaría Xeral de Política Lingüística para a Rede de Dinamización Lingüística (RDL), o 10 DE DECEMBRO ás 18:00 horas teremos a obra de TEATRO: “AÍ FALACHES, CASTELAO” , no Auditorio do Centro Multiusos de Arbo.
O 13 DE NOVEMBRO a Coral Polifónica esta de aniversario e o celebrará a partires das 18:00 horas cun corcerto acompañados pola Banda de Música de Arbo. O 26 DE NOVEMBRO a partir das 20:00 horas volver o “CONCERTO DE SANTA CECILIA”, organizado pola Banda de Música de Arbo coa colaboración do Concello.
A “I CARREIRA CONTRA A VIOLENCIA DE XÉNERO”, terá lugar o 27 de novembro. A saída e a meta será dende a PRAZA CONSISTORIO. A inscrición esta aberta a toda a poboación, establecéndose categorías e itinerarios en función da idade.