Categorías Sub-14 e Sub-18 dos Campionatos Autonómicos

Club Xadrez Mos: "Fomos o Club con maior representación en postos de podio"

Participantes do Xadrez Mos.
Catro postos de podio

Disputáronse as categorías Sub-14 e Sub-18 dos Campionatos

Autonómicos de Xadrez no

Hotel Scala  os días 22, 23, 24 e 25 de febreiro,

en Padrón.

Ata

alí desprazáronse 20 xogadores e xogadoras do Club Xadrez Mos e catro deles/as clasificáronse

en postos de podio nestes Campionatos Galegos.

Foron Carmen Gallardo García, 3º

Clasificada Sub-14, Xabier Pérez Sousa, 4º Clasificado Sub-14, Antonio Álvarez Pampillón,

4º Clasificado Sub-18, e Óscar Morais Reixas, Subcampión Gallego Sub-18.

Desde a directiva do Club Xadrez Mos consideran que “os resultados foron moi positivos, fomos o Club con maior representación en postos de podio, por iso unha vez máis enorgullecémonos dos nosos rapaces e rapazas que sempre deixan o nome de Mos ben alto nas competicións nas que participan e, o que é máis importante, disfrutan do xadrez que é a súa maior paixón”.