Campión e subcampioa galegos de xadrez, mosenses

Xabier Pérez e Maia Pérez e outros dous xogadores.
A fin de semana do 16 e 17 de abril os xogadores e xogadoras do Club Xadrez Mos participaron nos Campionatos Galeegos de Xadrez sub-10/-12/-16/absoluto obtendo uns excelentes resultados.

O Club Xadrez Mos volve traer grandes resultados para o municipio da man de Xabier Pérez e Maia Pérez e outros dous xogadores

A fin de semana do 16 e 17 de abril os xogadores e xogadoras do Club Xadrez Mos participaron nos Campionatos Galeegos de Xadrez sub-10/-12/-16/absoluto obtendo uns excelentes resultados:

 

Javier Del Valle Crespo, 3° Clasificado Sub-12.

Hugo Souto Corredoura, 5° Clasificado Sub-12.

Maia Pérez Sousa, Subcampioa Galega Sub-12.

Xabier Pérez Sousa, Campión Galego Sub-16.

 

Para felicitar ao clube e aos catro xadrecistas achegáronse esta tarde ata Torroso a visitalos o concelleiro de Deportes, José Areal, e o tamén edil mosense, Baldomero Lorenzo.