As familias usuarias dos Servizos Sociais mosenenses terán os seus agasallos de Reis

Un total de 56 cativos de familias usuarias dos Servizos Sociais municipais farán realidade o seus soños navideños mañá grazas á colaboración de AEMOS e o 'Club Mos Racing Sport'.

O tenente alcalde de Mos, Camilo

Augusto, a concelleira de Política Social e Igualdade, Sara Cebreiro, e a edil

mosense de Deportes e Participación Cidadá, Begoña Toucedo, recibiron esta mañá

de mans do vicepresidente de AEMOS, Ramón Alonso, os agasallos que farán

realidade os soños dos 56 nenos/as de familias usuarias dos Servizos Sociais

mosenenses.

Ademais da inestimable

colaboración dos empresarios mosenses, Mos Axuda contou nesta ocasión para esta

iniciativa solidaria navideña coa recadación obtida na Quedada Solidaria organizada polo “Club Mos Racing Sport” consistente

nun acto de automovilismo celebrado en Louredo o pasado 7 de decembro.

Os

agasallos que os 56 cativos beneficiarios recibirán mañá, 4 de xaneiro, nun

acto conxunto organizado para as 12.00 horas da mañá, son xoguetes, obxectos,

materiais ou prendas que previamente os/as nenos/as beneficiarios/as pediron

nas súas respectivas cartas aos Reis Magos. Deste xeito ningún cativo de Mos

quedará sen cumprir o seu desexo neste Nadal.

As Súas

Maxestades os Reis Magos de Oriente, Melchor, Gaspar e Baltasar, entregarán

mañá os agasallos da campaña municipal solidaria, Mos Axuda no Nadal, no Salón

de Actos da Axencia de Colocación de Mos.

Os

representantes municipais mosenses, Augusto, Cebreiro e Toucedo, declararon que

“esta iniciativa naceu perseguindo a finalidade de prestar axuda e protección

aos máis necesitados, coa colaboración do empresariado, para poder levar a cabo

este proxecto solidario e que todos os nenos/as de Mos fagan realidade o seu

desexo nestas festas”.

Mos Axuda no Nadal é unha

iniciativa solidaria promovida polo Concello de Mos en colaboración

coa Asociación de Empresarios de Mos, AEMOS, entre o seu

tecido empresarial asociado, para que ningún desexo dun neno este Nadal quede

sen facerse realidade.

Tenente alcalde e edís de

Política Social e Deportes aproveitaron a ocasión para agradecer a colaboración

da Asociación de Empresarios de Mos e do “Club Mos Racing Sport” neste

proxecto.