A Challenge Rías Baixas 2020 terá 192 participantes

presentouse este mediodía nas instalacións do CEIP ‘Fernández López’ .

A cuarta edición da “Challenge Rías Baixas” de ciclismo que organiza o club “Master da Louriña” co apoio da Concellería de Deportes do Concello do Porriño, presentouse este mediodía nas instalacións do CEIP 'Fernández López' co alumnado como espectadores de luxo, o tempo de lecer.

A

diferencia de anos anteriores, o club e o concelleiro de Deportes, David Alonso

decidiron sacar o acto fora da casa consistorial e á vista da resposta dos

rapaces e a súa implicación, “foi todo un acerto” segundo valorou David Alonso.

Juanjo Alvarez Cerdeira e David Alonso, protagonizaron a presentación da proba xunto con Begoña Toucedo, concelleira de Deportes de Mos e Miguel Bouza, edil de Mocedade de Ponteareas

Xunto

con Juanjo Alvarez Cerdeira e David Alonso, protagonizaron a presentación da

proba Begoña Toucedo, concelleira de Deportes de Mos e Miguel Bouza, edil de

Mocedade de Ponteareas.

A

Challenge consta de tres etapas que se disputarán entre o sábado 29 de febreiro

e o domingo 1 de marzo. A primeira etapa será unha contrareloxo individual de 8

kilómetros no parque de Avisoureira, en Guláns (Ponteareas). A segunda etapa

será unha etapa en liña de 81 kilómetros, ó longo do concello de Mos. E a

terceira e última etapa, “Gran Premio do Porriño” consistirá noutra etapa en

liña, de preto de 78 kilómetros.

No CEIP 'Fernández López' co alumnado como espectadores.

A Challenge Rías Baixas 2020 terá 192 participantes. Está reservada para corredores Master 30, Master 40, Master 50 e Master 60, así como para Féminas Master. Tamén hai unha categoría junior para a que se reservaron 30 prazas.