Empregar a IA con responsabilidade e perspectiva de xénero

Benvida de Antonio López Díaz, reito da Universidade de Santiago de Compostela, USC. López afirmou que “é necesario empezar a pensar en regulación, en normas, malia que moitas veces estas adoitan ir por detrás da realidade e dos avances tecnolóxicos”.
O reitor da USC, subliñou que “a IA está sendo un reto para todos, unha grande oportunidade, pero que tamén está chea de ameazas, primeiro nos propios datos, como despois, por como se procesan”.
Segundo o reitor, o primeiro que se debe facer é “loitar contra a fenda de xénero no acceso ás ferramentas da IA” e destacou que, nesa liña, as tres universidades galegas veñen de poñer en marcha un grao sobre intelixencia artificial.
A presidenta da APG, María Méndez, agradeceu “a implicación da Universidade de Santiago, do seu reitor e, en particular, a asistencia e apoio da decana, vicedecana, profesores e alumnos de Ciencias da Comunicación”
Méndez lembrou que o auditorio de Ciencias da Comunicación é “un espazo de luxo para convocar e implicar aos futuros profesionais do xornalismo neste obxectivo de acadar a plena igualdade e erradicar a violencia de xénero”.
Na inauguración do Congreso participaron a Conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta, Elena Rivo López.
A titular de Igualdade do Goberno galego defendeu “a permeabilidade da profesión xornalística ante os avances sociais e tecnolóxicos de cada época” e agradeceu á APG “o seu compromiso cos dereitos das mulleres a dignificación da profesión xornalística”.
A presidenta e fundadora do Observatorio del Impacto Social y Ético de la Inteligencia Artificial OdiseIA, Idoia Salazar García, unha das ponentes do V Congreso Medios de Comunicación e Igualdade de Xénero, organizado pola Asociación de Periodistas de Galicia, afirmou nese foro que “un dos grandes inconvintes que trouxo a IA é o relativo á discriminación, con problemas de nesgos de xénero, raza…, derivados en moitos casos da falta de coidado cos datos de entrenamiento e dunha confianza excesiva no sistema de intelixencia artificial á hora de automatizar a toma de decisións”.5
Entre o público había asociados da APG, alumnos de xornalismo e autoridades académicas e políticas xunto cos intervintes.
Panel-coloquio: "Os alogaritmos xerán un maior perfil de risco para a muller? Modera: Xoel Rodríguez Pol, alumno de Xornalismo.
Violeta Molina, Raquel Holgado e Xoel Rodriguez.
IMG_8624
Violeta Molina Gallardo, correspondente de Xénero da Agencia EFE. Gañadora do V Premio Periodismo Contra la Violencia de Género, da Fundación Aliados por la Integración.
Raquel Holgado, redactora de Tecnoloxía de 20 Minutos.
Panel-coloquio: 'Os medios de comunicación e a súa influenza no desenvolvemento dunha IA sen sesgos de xénero'
Raúl Romar García, responsable de Ciencia de La Voz de Galicia.
Rosa Vilas Núñez, adxunta ao director xeral da CRTVG.
IMG_8647
IMG_8652
Rosa Vilas.
Carolina González Valenzuela, redactora de Computer hoy.
Miren Gutierrez Almanzor, investigadora principal de ARES, Universidad de Deusto.
A profesora Gutierrez asegurou que “malia que a decisión algorítmica ten a capacidade de aumentar a eficiencia, ao poder procesar datos masivos en tempo real, tamén se están empezando a descubrir os danos que pode xerar cando incorpora nesgos inxustos e estereotipos”.
Gutiérrez centrouse na súa intervención na “desinformación de xénero”, unha das variedades dese dano algorítmico, que é a que se dirixe contra as mulleres que ocupan o espazo público.
Gabriela Bouret e Natalia Louzau, xefa de Análise de Datos e xornalista -respectivamente-, de La Nación Data do xornal arxentino La Nación (primeiro xornal que anunciou a creación de dúas ferramentas dixitais para tratar de promover a igualdade de xénero e dar cobertura a temas sensibles como o acoso, o suicidio, o bullying ou a diversidade)
O Congreso rematou cun relatorio da secretaria xeral da Igualdade da Xunta, Sandra Vázquez Domínguez, sobre as accións que está desenvolvendo a Administración galega para intentar mitigar a desigualdade, o acoso e a violencia de xénero a través das novas tecnoloxías.
A secretaria xeral da Igualdade da Xunta, Sandra Vázquez Domínguez, someteuse as pregunas do público asistente ao Congreso.
A decana da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, Ana Isabel Rodríguez.
A decana da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, Ana Isabel Rodríguez.
O Congreso foi clausurado pola decana da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, Ana Isabel Rodríguez, á que acompañou a presidenta da Asociación de Periodistas de Galicia, María Méndez
A decana da Facultade de Ciencias da Comunicación da USC, Ana Isabel Rodríguez.
Méndez aplaudiu a interveción da Decana.

Para a presidenta de OdiseIA, os sistemas algorítmicos “poden ser unha axuda para monitorizar e analizar as representacións de xénero nos medios de comunicación e na publicidade, axudando a que sexan máis equitativas e diversas”Miren Gutiérrez, investigadora da Universidad de Deusto, sinala que “as plataformas e os seus algoritmos teñen un papel fundamental na promoción da desinformación de xénero, facendo que esta sexa máis viral e adictiva que a propia información”A conselleira de Promoción do Emprego e Igualdade da Xunta, Elena Rivo, salientou “o papel das comunicadoras e comunicadores para acadar unha sociedade máis xusta e igualitaria, e un espírito crítico que permita empregar a IA con responsabilidade e perspectiva de xénero”O reitor da USC, Antonio López, afirmou que “debemos complementar a intelixencia artificial coa intelixencia natural dos profesionais da comunicación para que non siga incrementándose a fenda de xénero que xa existe”