viernes. 26.04.2024

O vicepresidente primeiro, Alfonso Rueda, mantivo unha xuntanza con representantes da Asociación de municipios do Camiño de Santiago, onde lles indicou que a Xunta está a traballar na nova programación do Xacobeo, que estará en continua adaptación como consecuencia da situación sanitaria actual e da prórroga concedida que permitirá converter este Ano Santo nun evento inédito que se prolongará durante dous anos.

Alfonso Rueda, acompañado da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e da comisaria Xacobeo 2021, Cecilia Pereira, mantiveron esta mañá unha reunión por videoconferencia con representantes da Asociación, onde resaltou que a prolongación ata 2022 foi unha demanda grazas á cal esperamos que centos de peregrinos se podan achegar a Galicia ao longo destes dous anos.

No seo da reunión, o titular da Vicepresidencia primeira, fixo especial fincapé en que nestes momentos é preciso estudar vías de colaboración e poñer proxectos en común, e nesta liña, indicou a importancia social e económica que supón a celebración deste Xacobeo como gran oportunidade no proceso de recuperación económica da nosa comunidade, especialmente para o sector turístico polo que a Xunta continua a traballar na aposta de Galicia como destino seguro.

"A prolongación ata 2022 foi unha demanda grazas á cal esperamos que centos de...