fbpx
Os artistas galegos Lois Patiño e Jorge Perianes, na Casa do Cabido.

‘Dobre Quadratura’, Lois Patiño e Jorge Perianes

Na Casa do Cabido, en Santiago

A Casa do Cabido, na praza das Praterías, acolle a exposición”Dobre Quadratura”, con instalacións dos artistas Lois Patiño e Jorge Perianes. Mañá mércores, 13 de xaneiro, os autores e a comisaria da mostra, Mercedes Rozas estarán na presentación aos medios.

Tal como indica a comisaria, “trátase dunha mostra que enxalza o espírito barroco da Casa do Cabido, auspiciando a idea do misterio que se oculta tras o pano pétreo da súa fachada. E, como na vella técnica pictórica da Quadratura, na que o engano artístico (trompe-l’œil) propiciaba que as figuras flotasen elevándose nun imaxinario ascenso cara ao firmamento, os dous artistas, Lois Patiño e Jorge Perianes, interveñen o espazo das salas, creando o seu singular acto escénico”.

A exposición poderá visitarse de martes a sábado de 10.00 a 14.00 e de 16.00 a 20:00 horas, e os domingos de 11.00 a 14.00 horas. Os luns a Casa do Cabido pecha ao público.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada