sábado. 27.04.2024

Ponteareas convida a gozar da tradición musical da man do LIII Concurso de Gaitas do País. Será mañá día 19 de setembro a partir das 16.30 horas momento no que os sete participantes partirán dende diante da casa do concello hacia a sala multiúsos do auditorio municipal Reveriano Soutullo. 

O concurso comezará ás 17 horas no auditorio municipal e ás 22 horas terá lugar no parque da Feira Vella o concerto de Óscar Ibañez, un dos gaiteiros máis galardoados de Galicia con máis de corenta premios nos certames de maior prestixio que avalan a súa arte. As súas gravacións figuran en máis de vinte discos entre os que salientan os seus traballos en solitario Alén do Mar e Aires de Pontevedra.

CONCERTO FEIRA VELLA

o concerto do gaiteiro Óscar Ibañez, dadas as adversidades meteorolóxicas previstas para este sábado en Ponteareas e ante a imposibilidade de trasladalo de ubicación, dende o Concello de Ponteareas vese na obriga de adiar o concerto previsto de Óscar Ibáñez & Tribo na Feira Vella.

O Concello de Ponteareas comprométese a buscar unha nova data para que este concerto se poida celebrar, seguindo a nosa aposta decidida pola cultura e por non confinar a este sector nun momento tan complicado como o que estamos atravesando.

Soan as gaitas en Ponteareas