sábado. 27.04.2024

Afundación, la Obra Social de ABANCA, Lunwerg Editores e o Concello de Viveiro presentan a exposición de imaxes do recoñecido fotógrafo Philippe Plisson, «Vivir o mar». Inaugurarase mañá mércores 12 de agosto, ás 12.00 h, a pé de rúa nos Xardíns Noriega Varela onde se poderá visitar ata o vindeiro 25 de agosto, trasladando, deste xeito, a cultura aos espazos abertos. Asistirán ao acto de inauguración a alcaldesa do Concello de Viveiro, María Loureiro; a concelleira de Cultura do Concello de Viveiro, Lara Fernández-Noriega; e o director de Zona A Mariña de ABANCA, Carlos Teijeiro.

«Vivir o mar» componse de 35 paneis, con imaxes e textos, e entre elas algunhas das pezas máis icónicas asinadas por Plisson nas que se recollen imaxes mariñas de todas as latitudes. Esta homenaxe ao medio mariño, e a todas aquelas persoas cuxo medio de vida depende del, ilustra tamén o compromiso da Obra Social de ABANCA, coa promoción dos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible, en concreto, o 14 (Vida submarina), o 13 (Acción polo clima) e o 4 (Educación de calidade).

EventoInauguración da exposición a pé de rúa «Vivir o mar»
LugarXardíns Noriega Varela de Viveiro
Data e horaMércores, 12 de agosto, ás 12.00 h
  AsistentesMaría Loureiro, alcaldesa do Concello de Viveiro Lara Fernández-Noriega, concelleira de Cultura Carlos Teijeiro, director de Zona A Mariña de ABANCA

Mostra a pé de rúa 'Vivir o mar'