Juan Ferrón, preseleccionado polo COE, Comité Olímpico Español.

Juan Ferrón, preseleccionado para os Xogos Paralímpicos Tokyo 2020

Tamén foi convocado pola FEDC para participar no Trofeo Internacional Deputación de Barcelona de Natación

O nadador do Club Natación Mos, Juan Ferrón, foi preseleccionado polo COE (Comité Olímpico Español) para os Xogos Paralímpicos Tokyo 2020.

Esta noticia supón, que de ser convocado, que o Club Natación Mos sería un dos poucos equipos da Comunidade Autónoma en contar nas súas filas cun deportista olímpico/paralímpico.

Desde a directiva do Club, o seu director da área deportiva, Adrián Trillo, declara que “isto é algo que xamais pensamos que puidese estar ao noso alcance”. O comité paraolímpico español notificoulle a Juan Ferrón Gutiérrez, nadador do Club Natación MOS, que foi pre-seleccionado pola Federación Española de Deportes para cegos (FEDC) para participar nos Xogos Paralímpicos, dita competición terá lugar na localidade de Tokio do 25 de agosto ao 6 de setembro.

Así mesmo Juan Ferrón foi convocado pola FEDC para participar no Trofeo Internacional Deputación de Barcelona de Natación, que terá lugar os días 7 e 8 de marzo de 2020, onde Juan Ferrón buscará sumar outra mínima para o Europeo de Funchal, despois de conseguir a de 100 metros bolboreta.

Print Friendly, PDF & Email
Me gusta
Me gusta Me encanta Me divierte Me asombra Me entristece Me enfada