Procrastinación

Ata hai moi pouco non sabía que era a procrastinación. Cando me dixeron isto por primeira vez non sei se quedei asustado ou aliviado, pois non sabía se me estaban insultando ou desculpando.

Ata hai moi pouco non sabía que era a procrastinación. Cando me dixeron isto por primeira vez non sei se quedei asustado ou aliviado, pois non sabía se me estaban insultando ou desculpando.

O motivo polo que me dixeron que procrastinaba debeuse a que nun alarde de sinceridade, tomando un café, dixen que me vía incapaz de facer a cama sacando todas as sabanas para volver a poñelas de novo. Meu amigo díxome que iso non era serio porque cando as sabanas non se airean, acaban cheirando. Cando pouco despois díxenlle que tampouco era capaz de tomar leite quente só, matizou máis o explicado, dicindo que podía ser por distintas razóns. Xa porque era caprichoso; xa porque meu corpo o repelía como se tratásese dunha alerxia contra a que non podía facer nada. Con esa segunda explicación, polo menos, quedei máis tranquilo e sentinme comprendido.

Os días seguintes paseino moi mal, pois sempre que me custaba algo, pensaba: Estás procrastinando; e a dita palabra feríame no máis fondo, causándome un gran sentimento de culpabilidade.

A cousa chegou tan lonxe que, para solucionar o problema, acabei acudindo a internet para intentar ver a luz; aínda que finalmente acabou en táboas porque as explicacións son moi ambiguas. Nalgúns casos, procrastinar é deixar unha cousa para facela máis tarde, sen matizar; mentres noutros é a incapacidade de facelas a causa do estrés, as emocións ou a maneira de ser.

Teño unha amiga que non se atreve a conducir pola autoestrada. Pola estrada, si; pola autoestrada non porque ao ver tantos coches pola dereita e a esquerda ten medo de provocar un accidente. De cando en vez lémbrome do día que un amigo me pediu que o levara en coche a Vigo e, ao volver, perdemos case vinte minutos por non coller a rúa que nos levaba directamente á autoestrada. E cando ao ver o sucedido exclamei Que desastre!, díxome moi serio: Non o digas máis porque non é verdade! Ademais, non temos presa.

Cando traballando no ordenador as veces non son quen de facer unha gráfica ou unha táboa de Excel complicada, ao acordarme da palabra procrastinar penso que cada un ten as súas habilidades. O importante é tirar de autoestima e non desanimarse nunca, signifique o que signifique iso da procrastinación.