Eu e as miñas circunstancias
Xavi Argemí, nado en Sabadell no 1995, é neto do pediatra que nos atendeu a min e meus irmáns cando os médicos se deixaban caer polas casas e, ademais de curar, coñecían as aventuras de cada un como calquera amigo da familia.
De cativo diagnosticáronlle unha enfermidade dexenerativa incurable: distrofia muscular de Duchenne, e foi tomando conciencia da súa situación lentamente. Aínda que tivo que afrontar situacións moi difíciles, a súa ledicia e coraxe sorprende. Ao comezar primaria, decatouse que non podía subir escaleiras nin xogar a fútbol e déronlle a opción de xogos de ordenador cun compañeiro de clase sempre ao seu carón. Despois sufriu varias crises, deixou de xantar pola boca e alimentarse cunha sonda... Si pode, en cambio, dar ordes a súa cadeira de rodas eléctrica e teclear no móbil e o rato do seu ordenador.
A súa ilusión para rematar o grao de informática axudoulle a non estar tan pendente da súa enfermidade, e xa lle encargaron dous proxectos de webs sinxelas. Como di, temos que ser activos: podía ter escollido quedarme na casa vendo documentais pero é máis satisfactorio ter un horizonte de traballo e seguilo. No seu primeiro trimestre na UOC escolleu tres materias e catro no seguinte, e así foi avanzando.
Xavi ten moitos amigos e todas as semanas recibe a algún na casa dos seus pais, onde vive. Con uns fala de fútbol e con outros de política, música ou animais. No xardín tiñan tres galiñas, aínda que agora só quedan dúas porque unha foi vítima do can.
Cada día ten que aceptar que non poderá ir de viaxe nin a unha terraza a tomar algo cos seus amigos. Como di, teño que aceptar toda a limitación constantemente: a que teño dos días anteriores e a que quizás me asaltará ese día. Pero é cando o acepto cando son máis libre. Sigo igual de limitado, teño os mesmos problemas -non poder moverme, comer...- pero todo isto non o poido resolver e, se non se pode, é mellor non chamalos problemas.
Se non aceptas que hai cousas que non podes resolver, te creas dous problemas: a mesma enfermidade e o feito de pensar que non podes facer cousas. Creaches un desánimo e unha bóla na cabeza que é un problema engadido á enfermidade. Se o aceptas, en cambio, só tes a enfermidade. As cousas que non poido facer pasan a ser circunstancias, e aquelas polas que aínda poido loitar si que son problemas. Os problemas pódoos afrontalos; as circunstancias teño que sabelas levar.
O reto máis grande que tiven -di Xavi- é distinguir o que eran circunstancias do que eran problemas. As primeiras son cousas que están alá e coas que tes que contar. Eu non me resigno a que o sol saia: simplemente é un feito. Igual que a non poder usar as pernas... En cambio, estudar un grao presentóuseme como un problema, un reto sobre o que podía facer algunha cousa máis que resignarme.
Outra actitude que lle ten axudado é a dar gracias por aquelo que ten; máis que queixarse do que non ten. Atopa a faltar moverse. Se non o aceptas, non podes chegar a ser feliz. Se non o aceptara, non sería máis feliz, senón menos.
Os piares da vida de Xavi, como di no libro que publicou no 2020, son a educación, a familia, os amigos e a vida espiritual. A súa vivencia está chea de pequenas cousas que todas xuntas poden resultar moi grandes: por exemplo as renuncias que a enfermidade fixéronlle aceptar. Igual que hai pequenas cousas que fan un conxunto marabilloso que alegra moito, como contemplar a lareira, unha conversación tranquila, a visita dunha amiga que hai tempo que non ves, ou ver os paxaros na primavera. Para Xavi, ademais, hai Alguén (Deus) que o quere detrás destas pequenas cousas.
Tamén pensa que da súa enfermidade, a pesar de todo, se derivan cousas boas: por unha banda está o amor dos outros e, por outra, que os outros vexan en ti que cho tomas con ledicia, boa cara, para que se lles faga todo máis suave. Ao preguntarse que da a felicidade, Xavi responde que se tivera que resumilo á mínima expresión, diría que é non centrarse nun mesmo senón centrarse máis nos outros.