Benvido 2025!

Nos últimos días do ano e os primeiros do seguinte todo é esperanza e ilusión. A combinación do Nadal, panxoliñas e a cabalgata dos Reis magos que veñen do afastado Oriente, non deixa indiferente a ninguén.

Nos últimos días do ano e os primeiros do seguinte todo é esperanza e ilusión. A combinación do Nadal, panxoliñas e a cabalgata dos Reis magos que veñen do afastado Oriente, non deixa indiferente a ninguén. Sobre todo aos nenos, que esperan ansiosos que estes lles traian os agasallos da carta que deron en man aos seus eficientes paxes. E non digamos se, ademais, cae neve e podemos lanzarnos unha morea de bolas desafiando ao frío.

A todo isto axudan, a máis, os centos de luces e estrelas que eses días inundan as rúas. Tanto que, aínda que un vaia medio durmido, acaba por preguntarse: Pero aquí que pasa, o mundo está a cambiar por fin para ben?

Dende o punto de vista do calendario, o cambio do díxito que nos indica que estamos nun novo ano non é explicación suficiente da emoción que nos embarga; pois a substitución dun catro por un cinco non é motivo para pensar que virá un tempo mellor.

Para que o que soñamos suceda, o primeiro é desexalo de verdade; entendendo por isto facer aquilo que está nas nosas mans, pois as cousas non se fan realidade por arte de maxia. Xa sexa no campo do deporte, do traballo, das afeccións ou calquera outro. Se un quere ir a Nova York e nunca se pon a mirar o prezo da viaxe, con quen e cando podería facela, nin se vai ter que facer horas extras; iso de momento aínda non é totalmente un desexo.

Cando estes días volvín escoitar a canción “If all I want for Christmas is you” de Mariah Carey, volvín pensar nisto, pois sempre soñou con dedicarse á música. Súa nai ensinoulle a cantar aos tres años e o seu amor pola música era tan grande que na escola adoitaban chamarlle Mirage (Espellismo) porque a miúdo faltaba a clase para ir cantar a estudos de gravación. E vaia no que se acabou convertendo o que crían que era un simple espellismo...

No que se refire a como nos gustaría que fose o mundo no 2025, podería dicirse outro tanto. Será un ano diferente no que cesen as guerras e a fame, e déase paso á paz e a fraternidade? Para que suceda, cada un -ademais de desexalo- tería que facer o posible para mellorar o pequeno espazo que depende del. De poñernos todos a elo, de seguro que o mundo sería moi distinto, non si?

Benvido e feliz 2025 para todos e todas!