Galicia rexistra nos sete primeiros meses do ano un incremento dun 8 % de turistas

Co 45 % das noites hoteleiras A Coruña lidera o mercado turístico hoteleiro nos primeiros sete meses do ano.
Galicia rexistrou nos sete primeiros meses deste ano 2023 un incremento dun 8 % no número de turistas e nun 6 % no número de noites. Este notable incremento permite aos establecementos hoteleiros de Galicia situarse por encima dos niveis previos á pandemia, acadando con isto un máximo da serie histórica neste período de sete meses.

Galicia rexistrou nos sete primeiros meses deste ano 2023 un incremento dun 8 % no número de turistas e nun 6 % no número de noites. Este notable incremento permite aos establecementos hoteleiros de Galicia situarse por encima dos niveis previos á pandemia, acadando con isto un máximo da serie histórica neste período de sete meses.

O incremento do nivel de demanda en relación ao pasado ano acontece nun contexto no que o volume de oferta sobe nun 2 % de media. As tarifas hoteleiras superan nun 4 % en comparación co ano pasado e nun 17 % a cifra de 2019-, acadando tamén a cifra máis elevada da serie histórica.

Destaca o forte incremento do turismo estranxeiro que acada máximos, tanto en volume, con preto de 1,4 millóns de noites; como en peso, co 28 % do total da demanda

O 72 % das noites hoteleiras corresponden ao turismo de ámbito nacional, segmento no que ten un maior peso o receptor -españois que proceden doutras comunidades autónomas co  48 % do total-. O mercado interno, dos residentes en Galicia, absorbe o 24 % neste caso.

O forte incremento do turismo estranxeiro permite acada un máximo da serie histórica dos primeiros sete meses do ano tanto en volume -con preto de 1,4 millóns de noites- como en peso -co 28 % do total da demanda-.

O bo comportamento da demanda e dos niveis de ocupación acontece nun contexto de incremento das tarifas hoteleiras, o que conleva melloras notables dos niveis de rendibilidade no sector

Os establecementos hoteleiros das provincias de A Coruña, Lugo e Ourense conseguen superar os niveis de 2019, acadando as dúas primeiras as cifras máis elevadas da serie histórica con máis de 2,2 millóns de noites en A Coruña e 611.000 noites en Lugo.

Co 45 % das noites hoteleiras A Coruña lidera o mercado turístico hoteleiro nos primeiros sete meses do ano. Seguen a continuación Pontevedra, co 35 %, Lugo -co 12 %- e Ourense -co 7 % do total neste caso-. Mantense neste período a concentración da demanda nas provincias do litoral atlántico -o 80 % das noites localízanse en A Coruña e Pontevedra.