A festa do Cabrito de Vilariño de Conso, un referente gastronómico de Galicia
10 de febrero de 2024 (21:37 h.)
Esta localidade ourensá leve 35 anos celebrando estas datas reunindo a máis de 1.000 persoas para degustar o cabrito asado en forno de leña.
A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, enxalzou hoxe a Festa do Cabrito de Vilariño de Conso como un referente gastronómico de Galicia.
Durante a súa participación nesta festa gastronómica, á que asistiu en representación do presidente da Xunta, Alfonso Rueda, Ángeles Vázquez convidou a veciños e visitantes a seguir participando nunha cita ineludible dun Entroido, que é “único e inimitable”.
Logo de lembrar que o Entroido está declarado como Festa de Interese Turístico de Galicia, a vicepresidenta segunda puxo en valor que esta localidade ourensá leve 35 anos celebrando estas datas reunindo a máis de 1.000 persoas para degustar o cabrito asado en forno de leña.