Os altruistas do Camiño de Santiago

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, acompañado do vicepresidente primeiro, Francisco Conde, asiste en Monforte á misa en lembranza de Aida Menéndez Lorenzo e ao acto de homenaxe no albergue de O Saviñao. Igrexa dos Escolapios (Monforte) - Pazo Bispal de Diomondi (O Saviñao).
O presidente destacou o esforzo e o traballo de Aida na recuperación e difusión do Camiño de Inverno, unha das dez rutas oficiais entre as que poden elixir os peregrinos cara Santiago. Durante o acto, Rueda remarcou algúns dos rasgos diferenciadores deste camiño, como que é a única ruta que atravesa as catro provincias galegas e que segue o curso natural do río Sil.

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, agradeceu o traballo a prol do Camiño de Santiago que realizan de forma altruísta cada día moitas persoas e que contribúe ao gran éxito da Ruta Xacobea. “Sen as asociacións de persoas que desinteresadamente e voluntariamente fan promoción ao Camiño, as administracións e a Xunta de Galicia non iríamos a ningún sitio”, salientou o mandatario galego na homenaxe á Aida Menéndez no albergue de peregrinos de O Saviñao que na súa honra levará dende hoxe o nome da veciña de Monforte.

O presidente destacou o esforzo e o traballo de Aida na recuperación e difusión do Camiño de Inverno, unha das dez rutas oficiais entre as que poden elixir os peregrinos cara Santiago. Durante o acto, Rueda remarcou algúns dos rasgos diferenciadores deste camiño, como que é a única ruta que atravesa as catro provincias galegas e que segue o curso natural do río Sil.

“Este é o primeiro albergue dos moitos que ten que impulsar a Xunta de Galicia neste Camiño de Inverno, porque vai seguir medrando, sen ningunha dúbida”, subliñou o titular do Goberno galego ao referirse aos datos rexistrados dos peregrinos que camiñaron ata Compostela no que vai de ano. No 2016 disparouse o número de camiñantes que elixiron a ruta de Inverno, pasando dos 287 aos 1.600 no 2022.

A homenaxeada foi presidenta da Asociación Camiños a Santiago pola Ribeira Sacra e levou a cabo un intenso labor de estudo sobre a historia e o itinerario desta ruta de inverno. Ademais, colaborou co grupo de historiadores e investigadores que redactou o proxecto de recuperación deste trazado do Camiño.

Por último, Alfonso Rueda remarcou o compromiso do Goberno galego co Camiño, investindo 4 M€ dende 2015 no mantemento, roza e limpeza dos viais e coa apertura de albergues coma este, que alcanzan as 34 prazas e que teñen o fin de acadar o máximo benestar para os seus visitantes.