'Acende o Xacobeo' amplía cobertura na Coruña
O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, participou esta tarde no acendido do programa Acende o Xacobeo, que inclúe a iluminación de 18 monumentos singulares da provincia, desde o pasado 23 de decembro e ata o 7 de xaneiro.
Co gallo do comezo do segundo Ano Santo e recollendo o éxito da primeira iniciativa Acende o Xacobeo coa que a Xunta dáballe a benvida á celebración deste Xacobeo excepcional, arrincou unha nova edición desta proposta, que ilumina medio cento de edificios significativos de toda Galicia distribuídos polos dez itinerarios xacobeos.
A iluminación na comunidade galega ten lugar durante as fins de semana en cor azul e coa frecha amarela e o logo do Xacobeo 21-22 nun total de 52 edificios das catro provincias. Na provincia da Coruña concretamente iluminaranse 18 edificios nas cinco comarcas.
CONCURSO FOTOGRÁFICO
Do mesmo xeito en que se fixo o ano pasado, a segunda edición do Acende o Xacobeo tamén terá o seu concurso fotográfico. Unha vez comece a iluminación dos monumentos o 23 de decembro, abrirase nas redes sociais un concurso fotográfico para animar ao público xeral a compartir esta iniciativa.
Os participantes só terán que publicar unha fotografía na que se vexa persoas xunto a un dos monumentos iluminados baixo os hashtags #AcendeOXacobeo ou #EnciendeElXacobeo e etiquetando as redes sociais do Camiño de Santiago. As fotografías poderán publicarse nas redes sociais de Facebook, Twitter ou Instagram do Camiño de Santiago (@camino_xacobeo).
O concurso estará aberto ata o remate da iluminación e as tres mellores fotografías recibirán un premio consistente nunha estadía para dúas persoas nun fin de semana nun hotel-balneario de Galicia en réxime de pensión completa.
Trenor destacou que esta é unha iniciativa máis dentro do Xacobeo 21-22 que está a supoñer unha oportunidade histórica para a reactivación do sector turístico e da economía galega e tamén para proxectar Galicia no exterior, a través dun elemento de referencia tanto a nivel nacional como internacional como é o Camiño de Santiago.
O delegado da Xunta puxo en valor a implicación de todos os concellos galegos nun Xacobeo diferente e descentralizado debido á covid-19 pero o mellor dos Xacobeos posibles, do que asegurou que todos os turistas e peregrinos que se están achegando Galicia, que xa superaron os 170.000, están tendo todas as garantías grazas a todas as medidas levadas a cabo para contar cun Camiño Seguro.
A Coruña Torre de Hércules A Coruña Edificio Afundación. A Coruña Ferrol Teatro Jofre Ferrol Abanca Ferrol Fisterra Faro de Fisterra Melide Capela de San Roque Betanzos Iglesia de Santiago Culleredo Igrexa de Santiago de O Burgo Fene Casa do Concello Ordes Santa María de Ordes Pontedeume Torreón de los Andrade Ames Capela de Santa Maria Madalena Padrón Igrexa de Santiago Apóstol Rianxo Iglesia de Santa Columba Santiago de Compostela San Caetano Santiago de Compostela San Bieito Santiago de Compostela Cidade da Cultura Santiago de Compostela Catedral. Torre da Berenguela