O viño verde corre esta fin de semana en Ponte de Lima

Paulo Mendanha, Quinta das Fontes coa súa dona recolle o diploma de mans do alcalde, Vasco Ferrás.
Esta fin de semana o viño verde aflora en Ponte de Lima. Achegarse a Expolima e visitar as casetas dos adegueiros ou produtores é todo un pracer. Para degustar, para comparar, para aprender os segredos do viño. Loureiro, rei do Val do Lima, pero tamén o Vinhão, o tinto fresco para verán que alixeira almorzos e xantares, ou mesmo o tan gabado Alvarinho son os atractivos da Festa do Vinho verde.

Esta fin de semana o viño verde aflora en Ponte de Lima. Achegarse a Expolima e visitar as casetas dos adegueiros ou produtores é todo un pracer. Para degustar, para comparar, para aprender os segredos do viño. O Loureiro, rei do Val do Lima, pero tamén o Vinhão, o tinto fresco para verán, que alixeira xantares e ceas, ou mesmo o tan gabado Alvarinho son os atractivos da Festa do Vinho verde.

Ponte de Lima, tan pródiga en viños verdes, tamén o é na súa compañeira inseparable, a gastronomía. Embutidos afumados –‘enchidos afumados’, chourizos, alheiras, folares...Todo un bo compango para facer cama e asentar mellor o viño.

Ambiente agradable, musiqueiro, coa tranquilidade que transpira a vila máis antiga de Portugal. Ponte de Lima é un galano para os sentidos, un lugar terapéutico e saudable.

Percorrer as casetas dos produtores é empaparse de historias vitivinícolas variadas como a vida mesma. Xentes que fan viño, ás veces, salvando as estreiteces da economía familiar para buscar un complemento que axude ao maltreito financiamento familiar. Outras son grandes cooperativas ou empresas con máis recursos...pero todos buscando facer o mellor viño destas castes seculares.

A copa de viño sabe mellor no ambiente de Ponte de Lima. Demorarse, charlar coa xente, preguntar...non ter présa para catar os Loureiros e Alvarinhos da Festa. Algúns máis que ben premiados nesta trixésima edición dunha festa de longo percorrido.

Os limianos saben que teñen un futuro esperanzador na caste do Loureiro. Algún soñan en que adiante ou se poña ao mesmo nivel que os Alvarinhos.

Ponte de Lima recende a vinho verde esta fin de semana. Por 3 euros, a copa oficial pode encherse de infinidade de ouro líquido amarelo. O vinho verde está de moda e aa restauración sábeo e cada vez vende máis.

Ponte de Lima, entre Loureiros y Alvarinhos, é a vila máis antiga de Portugal e capital do Loureiro.