Unha empresa tecnolóxica galega saca un novo portátil que incorpora tecnoloxía de última xeración 4G ou 5G
Primux é unha empresa tecnolóxica galega centrada no desenvolvemento de ordenadores,
portátiles, tablets, smartphones, cámaras e accesorios diversos. Está situada no
Parque
Tecnolóxico de Galicia -Tecnópole-. Vai introducir no noso país a nova tecnoloxía
móbil 5G.
A firma, que
segue a apostar polo desenvolvemento tecnolóxico, presentará nos vindeiros
meses o Primux ioxbook 1305G, conprocesador Qualcomm Snapdragon 8CX. Oioxbook 1305Gé un portátil revelador e eficaz, cun
deseño ultrafino, do que Primux ofrecerá dúas versións ao mercado: 4G e 5G. O
proxecto parte dunha colaboración con
Qualcomm e Microsoft, converténdose así na primeira empresa española en asinar
un acordo desta índole coa recoñecida compañía estadounidense de telecomunicacións.
As virtudes
deste novo ordenador serán o deleite de todos aqueles que queiran un ordenador
portátil elegante e ultrafino, dotado da tecnoloxía máis avanzada: procesador Snapdragon 8CX de gran
desempeño e eficiencia, unha batería case inmortal con máis de 20 horas de
vida, unidade de procesamento gráfico
Qualcomm, xunto a outras grandes posibilidades.
CONECTADOS A TODO, TODO O DÍA, E NO MENOR TEMPO POSIBLE
Desde a
empresa destacan que “o 5Gaumentará a velocidade de conexión,
reducirá ao mínimo a latencia e multiplicará exponencialmente o número de
dispositivos conectados. Estaremos conectados a todo, todo o día, e no menor
tiempo posible”.
“O 5G
permitirá navegar ata a dez gigabytes por segundo, dez veces más rápido que as
principais ofertas de fibra óptica do mercado. A ese ritmo poderase, por exemplo,
descargar unha película completa en cuestión de segundos” -indican-. Aseguran
que “o que hasta hai pouco nos parecía imposible será, grazas a Primux, unha realidade moito máis
cercana no noso mercado co ioxbook 1305G
na súa versión máis futurista”.
Prevese que a
implantación da rede móbil de quinta xeración
chegará ao noso país no segundo semestre do ano, instaurando as bases dunha
nova comunicación ao alcance de todos. O seu despregue suporá unha auténtica
revolución tecnolóxica.