Vegalsa-Eroski ten un programa pioneiro que presentou aos seus provedores
A vicepresidenta segunda e conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángelez Vázquez, puxo en valor o compromiso de Vegalsa-Eroski coa sostibilidade ambiental, social e económica durante o encontro que mantivo recentemente co director xeral da compañía de distribución, Joaquín González.
Na reunión, a vicepresidenta segunda valorou de forma positiva o programa pioneiro que a empresa presentou aos seus provedores co obxectivo de apoiar ás empresas locais no avance cara á sostibilidade e a economía circular. De feito, esta iniciativa foi xa presentada a 300 provedores nun acto virtual no que estivo presente a directora xeral de Calidade Ambiental, Sostibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez.
Ángeles Vázquez salientou a relevancia que dá este proxecto á formación para acadar unha mellora continua que supoña tanto unha guía cara a unha maior calidade do produto como a unha maior transparencia na cadea de subministro.