O delegado da Xunta na Coruña, Gonzalo Trenor, salientou hoxe no acto dedicado á marca Polígono Empresarial de Calidade que a Coordinadora Española de Polígonos Empresariais (CEPE) outorgou a AGrela que o parque industrial coruñés destaca pola súa situación, as súas infraestruturas e a súa xestión. Apuntou o representante do Goberno galego que iniciativas como a de renovación desta marca acreditan as vantaxes que ten para unha empresa instalarse en solo industrial galego e son un selo de garantía e de competitividade.
Trenor subliñou que, ademais de ofrecer as infraestruturas e servizos adaptadas ás necesidades do tecido empresarial, Galicia ten que ofrece tamén as mellores condicións administrativas e fiscais para facilitar os investimentos empresariais. Nese senso referiuse á Lei de Áreas empresariais, sinalando que achegará máis axilidade administrativa na tramitación necesaria para implantar polígonos industriais.
O delegado da Xunta fixo fincapé en que non pode haber mellor fórmula para impulsar o investimento empresarial que aquela que combine ser Concello Emprendedor e contar cun parque empresarial recoñecido coa acreditacion que outorga CEPE como no caso de Agrela
O parque empresarial da Grela é o máis antigo de Galicia e o único en recibir a marca Polígono Empresarial de Calidade. Conta con máis de 550 empresas asentadas e unha superficie total de 183,5 hectáreas.