Mos elimina impuestos a los autónomos
O goberno local de Mos presentou onte a decisión de establecer a eliminación da taxa de venda ambulante, instalación de postos, barracas, casetas de vendas, espectáculos, atraccións ou recreo situados en terreo de uso público municipal, así como industrias na rúa e ambulante e rodaxe cinematográfico.
Ademais presenta unha moción que será debatida no pleno do próximo luns 28 solicitando o apoio da oposición para solicitarlle ao goberno central as seguintes medidas:
- A exencións ou bonificación no pago do Imposto sobre Actividades Económicas (IAE) relacionados co exercicio de actividades económicas durante o tempo que estean suspendidas, non autorizadas ou afectadas gravemente.
- A exención ou bonificación no Imposto sobre vehículos de tracción mecánica (IVTM) para aqueles vehículos de carácter industrial, ante a imposibilidade de desenvolver a súa actividade por orde das autoridades administrativas ou sanitarias.
Dende o Concello de Mos, xa se puxeron en marcha fai meses, diferentes medidas fiscais e tributarias para axudar a este colectivo; como por exemplo: adaptar o Calendario fiscal ampliando o prazo de cobranza para o IVTM, a derrogación de ordenanzas tales como as tasas das terrazas en vía publica, esención tasas por expedición de documentos administrativos, etc...