María Mera, embaixadora do programa de micromecenado 'Sumo Valor'
O programa de micromecenado 'Sumo Valor' da Universidade de Santiago, que conta co apoio do Consello Social da USC, busca implicar a empresas, entidades e particulares no financiamento de diversas actividades e proxectos, en especial das investigacións destinadas á loita contra a Covid-19. Co fin de impulsar a captación de fondos, a USC acaban de nomear á actriz galega María Mera como embaixadora do programa.
No acto de presentación, que terá lugar este venres na sede do Consello Social, ás 11.30 horas, estarán a presidenta do Consello Social, Cecilia Sierra; o reitor da USC, Antonio López; xunto á propia actriz.
Empresas e particulares poden apoiar o programa a través de microdoazóns por valor non superior aos 3.000 €, xa sexa unha cantidade monetaria ou un ben. As doazóns poden realizarse a través da páxina web do programa.