Galicia Camiño Emprendedor

Baixo o lema 12 etapas, 12 retos, os participantes, co apoio do mentor ou mentora, que se adapta á realidade de cada emprendedor, melloran os seus proxectos e xeran contactos profesionais para avaliar o seu modelo de negocio.
En global realizaranse 12 etapas, 12 retos, o lema escollido para esta nova edición do programa. A de hoxe, polo Camiño Francés, discorreu polo Cebreiro, Triacastela e Sarria baixo o reto da Viabilidade do emprendemento no rural

A directora xeral de Emprego, Traballo Autónomo e Economía Social, Covadonga Toca, participou hoxe na 4º etapa do proxecto Galicia Camiño Emprendedor co que emprendedores galegos están a percorrer tramos do Camiño da man da Xunta e a Fundación Ronsel para impulsar o talento e o emprego. Trátase de apoiar ás persoas que teñen en mente iniciar un proxecto empresarial mediante un proceso de mentoring a través da realización das etapas do Camiño de Santiago. Nesta edición está prevista a participación dunhas 200 persoas entre emprendedores e mentores.

En global realizaranse 12 etapas, 12 retos, o lema escollido para esta nova edición do programa. A de hoxe, polo Camiño Francés, discorreu polo Cebreiro, Triacastela e Sarria baixo o reto da Viabilidade do emprendemento no rural. Toca destacou a oportunidade dos participantes para mellorar os seus proxectos e xerar contactos profesionais para avaliar o seu modelo de negocio e elaborar un novo plan de acción, no caso de que sexa preciso, sempre da man dunha mentora ou mentor que se adapta á realidade de cada emprendedor.

Os retos que se propoñen acadar nesta ocasión están en liña cos Obxectivos de Desenvolvemento Sostible (ODS). Na etapa de hoxe escolléronse tres destes retos: traballo decente e crecemento económico, redución das desigualdades e alianzas para acadar os obxectivos.

A próxima etapa, a do mes de maio, desenvolverase polo Camiño de Inverno entre os días 16 e 17 de maio por San Salvador de Moreda, Belesar (O Pincelo) e Chantada baixo o lema Economía circular, desde a reutilización ata o residuo cero. O programa rematará en decembro en Santiago de Compostela, coincidindo coa capitalidade da economía social que este ano ostenta a cidade galega.

O proceso de mentoring é a clave deste programa, en palabras de Toca, co fin de intercambiar  experiencias profesionais e vitais que contribúan a facer do emprendemento “unha forza impulsora en Galicia”. A iniciativa desenvólvese desde o ano 2017 e conxuga a cultura galega co propósito de dinamizar o emprego en Galicia.

Os interesados en participar nas próximas etapas poden inscribirse a través da propia Fundación Ronsel, a páxina web da Consellería de Emprego e Igualdade ou a Oficina do Autónomo de Galicia.