Conferencia sobre a rentabilidade empresarial a través do capital humano
A Axencia de
Colocación do Concello de Mos acolle e organiza, xunto con Progreso Humano
Integral, a conferencia de Philippe Vieira titulada “Humanizar é progresar: o
método dos 3 pasos”.
Trátase dunha
charla sobre rentabilidade empresarial a través do capital humano e sobre as
claves para favorecer o progreso económico de cada empresa potenciando dun
xeito real o chamado ‘valor do humano’.
Este evento terá
lugar o vindeiro 18 de febreiro ás 19.30 horas na sede da Axencia de Colocación
de Mos, no salón de actos do edificio. A entrada ao mesmo será libre e de balde
ata completar aforamento.
Para participar como público pódese confirmar asistencia no correo: info@axenciadecolocacionmos.es e no correo: info@phiprogresohumano.com
Progreso Humano Integral, PHI
PHI é unha consultora de empresas e institucións
especializada en Relacións Humanas, Recursos Humanos e asesoramento integral en
organizacións. Actualmente, atópanse desenvolvendo unha campaña cos concellos
de Galicia, dirixida aos empresarios de cada municipio para promover e
desenvolver a economía local, construíndo unha ética e filosofía humanista
empresarial como base dunha estratexia efectiva, clave imprescindible para o
éxito de hoxe en día e conseguir achegar un factor diferencial aos mercados, xa
sexa local, nacional ou internacionalmente.