As obras de urbanización da segunda fase do polígono das Gándaras, antes de fin de ano

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda visitou esta mañá o parque empresarial das Gándaras, o segundo polígono no que se ten adxudicado máis solo desde o inicio do programa de incentivos do IGVS en 2015.
Adxudicadas por un importe de 2,6 millóns de euros e un prazo de execución de 10 meses

A conselleira de Medio Ambiente, Territorio e Vivenda, Ángeles Vázquez, avanzou esta mañá que as obra de urbanización da segunda fase do polígono das Gándaras comezarán antes de que remate o ano. A conselleira de Medio Ambiente visitou esta mañá esta área empresarial, onde destacou que as obra foron adxudicadas por un importe de 2,6 millóns de euros e un prazo de execución de 10 meses.

Ángeles Vázquez salientou que a demanda de solo en relación con esta zona motivou á Xunta a promover a ampliación desta parque, co fin de ofrecer espazo ao tecido de empresarial que desexa asentarse na Cidade da Muralla.

Grazas a ampliación do parque, coa segunda fase, disporanse case 90.000 m2 nesta zona; nas que se construirán dúas parcelas -unha de maior tamaño, de 25.000 m2 e outra de 8.990 m2-, así como unha zona de aparcadoiro de 20.000 m2 para dispoñer máis de 380 prazas de aparcadoiro, que ascenden a 530 si se teñen en conta as prazas dispoñibles nos viarios. Tamén se construirá unha praza pública que ocupará unha superficie de máis de 6.000 m2.

Tal e como manifestou a conselleira os case 90.000 m2 desta nova fase son un pulo e apoio importante para a actividade económica da cidade e da provincia de Lugo, non só por habilitar espazo no que asentarse, senón tamén porque se poden beneficiar da bonificación dun 50% sobre o prezo de venda, grazas ás medidas impulsadas pola Xunta desde o ano 2015 para mobilizar a venta de solo empresarial en Galicia. De feito, a conselleira destacou que o Polígono empresarial das Gándaras é a segunda superficie empresarial na que máis solo bonificado se adxudicou desde o ano 2015, despois do Polígono de Bértoa en Carballo.

Por outra banda, a conselleira recordou que a Xunta está a tramitar unha Modificación do Proxecto Sectorial do Parque Empresarial das Gándaras, unha iniciativa que xa finalizou o seu trámite de exposición pública e que -segundo as previsións do Instituto Galego de Vivenda e Solo- poderá aprobarse en 2021.

Sinalou que no momento no que se aprobe esta modificación, a Xunta poderá acometer a Fase 3, unha nova ampliación coa que se incrementará en máis de 67.000 m2 este polígono para definir case 40 novas parcelas, cunha superficie media de 1.000 m2 cada unha, co fin de atender as necesidades e demanda que teñen trasladado os empresarios.

Por último, a conselleira trasladou que con estas actuacións no Parque das Gándaras, e a proximidade co Polígono do Ceao e á autovía A-6, Lugo convertese nun referente empresarial e industrial para a provincia e a Comunidade.