"As mulleres galegas traballan arredor de dous meses ao ano sen cobrar" pola fenda salarial entre mulleres e homes
22 de febrero de 2022 (21:39 h.)
O Instituto Nacional de Estadística (INE) indica que por cada 100€ que cobra un home na comunidade galega, as mulleres reciben uns 80,75€. A pesares de que a desviación salarial (19,25%) sitúa a Galicia en lixeira vantaxe fronte ao 19,50% de media estatal, ao respecto dos traballadores “as mulleres galegas traballan arredor de dous meses ao ano sen cobrar e isto é inaceptable” remarcou a conselleira de Emprego e Igualdade, María Jesús Lorenzana, reivindicou hoxe o rol dos poderes públicos.