Un apartadero ferroviario conectará a Plisan co Porto de Vigo
A Plataforma Loxística e Industrial Salvaterra-As Neves cumpriu un "fito clave" coa posta en marcha da mellora da súa conectividade viaria, logo da licitación, por parte da Autoridade Portuaria de Vigo, principal entidade promotora da PLISAN, de un apartadero ferroviario que servirá para conectar esta bolsa de chan industrial, a máis grande de Galicia, co Porto de Vigo.
Segundo explicou a alcaldesa de Salvaterra, Marta Valcárcel, tras visitar a zona na que se construirá esta nova infraestrutura ferroviaria, xunto co seu homólogo en As Neves, Xosé Manuel Rodríguez, e o presidente da A Autoridade Portuaria de Vigo, Jesús Vázquez Almuiña, “hoxe é un día moi importante para Galicia”, xa que a PLISAN “cada día está máis preto de converterse na gran plataforma multimodal da Eurorrexión”.
Neste sentido, indicou que “esta é unha das mellores noticias que podíamos recibir”, porque “somos conscientes de que unha das fortalezas e punto diferenciador da PLISAN son as súas conexións", polo tanto,
a construción do apartadero “fará posible que moitas máis empresas, que
busquen mellorar a súa competitividade, fixen aquí os seus ollos e creen emprego na zona, e este é o mellor futuro que podemos deixar aos nosos fillos e fillas", dixo.
Neste contexto, Valcárcel valorou a PLISAN como un complexo multifuncional estratexicamente situado entre os concellos de Salvaterra e As Neves, no eixo vertebrador do desenvolvemento da costa Atlántica da Península Ibérica e que está conectada coa autovía A-52 e co Eixo da liña ferroviaria Ourense-Vigo, e actuará como polo de atracción loxística dos fluxos de mercadorías de alto valor engadido que utilizan o Porto de Vigo como punto de entrada e saída da Eurorrexión Galicia Norte de Portugal.
Unha área especializada de concentración de empresas e servizos loxísticos, transporte de mercadorías e intermodalidade, así como actividades industriais, empresariais e servizos xerais asociados.
“A PLISAN ten potencial de desenvolvemento a curto, medio e longo prazo.
para potenciar a súa proxección a nivel rexional, nacional e internacional”, valorou a rexidora, ao tempo que destacou o valor
desta plataforma como "elemento canalizador das relacións sobre o
Eixe Atlántico, o que implica un achegamento aos mercados potenciais, provocando un efecto dinamizador sobre variables económicas, especialmente sobre o emprego, tanto directo como inducido, e o indirecto aos demais sectores industriais e comerciais