A Xunta estudia a conexión directa do polígono industrial de Veigadaña coa autovía A-55
A Consellería de Infraestruturas e Mobilidade, a través da Axencia Galega de Infraestruturas, acaba de adxudicar a redacción do estudo de viabilidade da execución dunha conexión directa do polígono industrial de Veigadaña, no municipio de Mos, coa autovía A-55, no concello de Mos.
Este contrato foi adxudicado
á empresa Noega Ingenieros S.L., por un investimento duns 18.000 euros. A
redacción do proxecto conta cun prazo de execución de 6 meses.
O polígono
da Veigadaña, executado e xestionado pola Xunta a través de Xestur Galicia, e
en funcionamento dende o ano 2012, conta na actualidade cunha conexión directa
coa estrada N-550 e sitúase a menos de 1 quilómetro da autovía Vigo-O Porriño.
Dada a
relevancia do polígono da Veigadaña e o bo ritmo de instalación de empresas que
se instalan nel, o obxectivo deste estudio é mellorar a súa competitividade, para
o que se propón analizar a posible execución dunha estrada de conexión directa
coa autovía A-55.
As tarefas
incluídas neste contrato, consisten na elaboración das posibles alternativas
para a conexión directa entre o polígono industrial e a A-55, así como a avaliación
da cada unha das alternativas consideradas.
Para as
propostas consideradas, o estudo deberá ter en conta a normativa de estradas do
Estado e considerar o estudo informativo da Variante da A-52 ata Vigo -autovía
en túnel alternativa á A-55 entre O Porriño e Vigo-.