39.000 metros cadrados de solo empresarial con bonificacións
A Xunta de Galicia vén de adxudicar un total de 32.009 metros cadrados de solo empresarial con prezo bonificado en seis parques empresariais propiedade da empresa pública Xestur.
O prezo total que pagarán as empresas adxudicatarias supera os 2,9 millóns de euros, despois de aplicar bonificacións por importe de 1,37 millóns de euros.
As parcelas adxudicadas son as seguintes:
PARQUE Nº PARCELAS SUPERFICIE m2 PREZO € BONIFICACIÓN € Boiro 1 2.369 168.201 23.688 Carballo 1 709 32.000 28.013,98 A Sionlla 3 8.174 878.137 374.753 Negreira 1 1.533 52.901 52.876 Pereiro 2 5.057 202.280 202.2801 Mos 4 14.167 1.606.537 688.516,19 TOTAL 12 32.009 2.940.236 1.370.126,98
Dende a implantación das bonificacións no prezo do solo empresarial en 2015 a Xunta adxudicou preto de 2,3 millóns de metros cadrados nos parques propiedade do IGVS e de Xestur.