Cogalsa está a crear unha fábrica intelixente

A directora da Axencia Galega de Innovación (Gain), Patricia Argerey, participou esta mañá na xornada online de presentación de obxectivos e resultados do proxecto Congals4.0: Deseño e desenvolvemento dun modelo industrial 4.0 no sector da alimentación galego. Esta iniciativa, que ten como obxectivo avanzar cara a un modelo de produción intelixente mediante a investigación industrial e a dixitalización, conta co apoio da Xunta de Galicia que destinou 2,3 millóns de euros a través do programa Fábrica Intelixente e Sostible e co que se espera mobilizar arredor de 5 millóns.

Congalsa, como empresa seleccionada en el marco del Programa Industrias del Futuro 4.0., impulsado desde la Agencia Gallega de Innovación-GAIN y en colaboración con el Centro Tecnológico Gradiant, promueve un modelo industrial interconectado a través de la implementación de diferentes tecnologías de vanguardia en los diferentes eslabones de producción.

O director xeral, Luis Miguel Simarro, participou no I Acto de Difusión do Proxecto Congals4.0, coa directora de GAIN, Patricia Argerey, e o director executivo de Gradiant, Luis Pérez Freire.

O modelo industrial 4.0. promovido desde Congalsa fai fincapé na visión artificial como tecnoloxía integrada na compañía e tamén no acento na dixitalización, ciberseguridade, blockchain, machine learning, intelixencia artificial, automatización de procesos, realidade virtual e realidade aumentada.

FÁBRICA INTELIGENTE

Segundo destaca Luis Miguel Simarro, o obxectivo do proxecto é “crear unha fábrica intelixente a través da dixitalización de toda a cadea loxística integral e desenvolver un modelo de industria interconectada que axude a traccionar o cambio na nosa empresa”.

“Trátase pois, de desenvolver un modelo industrial máis flexible, automatizado e colaborativo, que nos permita aínda anticiparnos ás demandas do mercado con criterios de sostenibilidade, transparencia e personalización”.

“É fundamental traballar interconectados porque a innovación non implica só cambio tecnolóxico, sino que trascende de forma transversal a todos os departamentos da empresa na medida en que trae consigo novas formas de relacionarnos”.

Durante o acto, Argerey quixo destacar o feito de que a transición dixital e ecolóxica do tecido empresarial galego é clave para impulsar a súa competitividade, así como o da economía galega e instou á industria a aproveitar as posibilidades que ofrecen a dixitalización e a innovación, especialmente nun contexto como o actual de reactivación económica posterior á pandemia.

A directora de Gain puxo como exemplo o proceso que está acometendo Congalsa, con sede na Pobra do Caramiñal, para reorientar a súa organización cara a fábrica intelixente, unha transformación que lle permitirá interconectar todos os procesos, axilizar a toma de decisións estratéxicas e avanzar na integración co cliente.

Cabe destacar a colaboración do Centro Tecnolóxico de Telecomunicacións de Galicia-Gradiant no proxecto, baixo un modelo de innovación aberta no que empresas e centros de coñecemento colaboran en proxectos conxuntos.
Así, Patricia Argerey apuntou que esta “é unha fortaleza de Galicia, que se sitúa como segunda comunidade autónoma española en realizar innovación en colaboración entre varios axentes”, ao mesmo tempo que puxo en valor o papel dos centros tecnolóxicos como fontes de coñecemento externo para as empresas e a súa contribución ao impulso á innovación nas empresas, especialmente entre as pemes.

O programa Fábrica Intelixente apoiou, ata o de agora, o desenvolvemento de 24 proxectos de I+D+i con axudas por case 73 millóns, cun investimento público-privado de máis de 272 millóns de euros en sectores estratéxicos para a Comunidade e con 68 empresas e centros de investigación públicos e privados beneficiados.