Los atletas gallegos acuden a Murcia para el campionato de España de Seleccións
Esta vindeira fin de semana acontecerá en Alhama (Murcia) unha nova edición do Campionato de España de Seleccións Autonómicas á que Galicia acudirá con catro representantes.
En concreto será a internacional Eva Queimaño do Bidasoa Atlético e campioa de España Sub23 do ano pasado en aire libre, quen xunto ao tamén internacional e campión autonómico absoluto deste ano en pista cuberta, o lucense Adolfo Sáinz Maza do Real Club Celta, representen ao noso deporte na categoría absoluta.
Xunto eles estarán tamén formando parte da selección, a subcampioa de España Sub18 Lucía Sánchez del Valle da Escola Atlética Lucense e o gañador Sub20 do recentemente acontecido Campionato de Galicia de clubs da modalidade, Aitor Fernández Gayoso do Atletismo Narón.
A selección galega estará competindo xunto aos combinados de Cataluña, Valencia, Castela e León, Murcia, Canarias e País Vasco