A Xunta e Vegalsa-Eroski homenaxean a figura de Florencio Delgado Gurriarán co gallo das Letras Galegas

Os carteis e as bolsas da compañía galega de distribución alimentaria contarán coa imaxe conmemorativa do 17 de maio de 2022.
A través desta iniciativa, ata 176 supermercados e hipermercados Eroski e Autoservicios Familia en Galicia contarán con 500 carteis conmemorativos nas súas instalacións para dar a coñecer a vida e obra deste poeta valdeorrés e pór en valor o seu legado. Tamén cunha tirada especial de 20.000 bolsas de papel e 1.400.000 bolsas de plástico. 

A Xunta de Galicia e a distribuidora alimentaria Vegalsa-Eroski colaboran un ano máis na promoción da lingua e a cultura galegas co gallo do Día das Letras. O secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García, presentou hoxe no hipermercado Eroski A Sionlla de Santiago de Compostela a nova campaña conmemorativa dirixida ao sector comercial, con bolsas da compra de papel e carteis coa imaxe do homenaxeado Florencio Delgado Gurriarán, autor homenaxeado neste 17 de maio.

O representante da Consellería de Cultura, Educación e Universidade sinalou que Vegalsa-Eroski é unha empresa que se distingue polo seu compromiso coa lingua galega e coa pluralidade lingüística do Estado e por iso para a Xunta é sempre un motivo de satisfacción celebrar con ela as Letras Galegas e axudar a que a súa clientela se achegue á figura do homenaxeado no Día das Letras, neste caso, Florencio Delgado Gurriarán”.

No acto participaron tamén o presidente da Real Academia Galega (RAG), Víctor F. Freixanes; o director de liña de Negocio Eroski e Eroski Center, Florentino Vázquez; a directora de Relacións Institucionais de Vegalsa-Eroski, Gabriela González, e o director de marketing de Vegalsa-Eroski, Julián Hernández.

CARTEIS E BOLSAS

A través desta iniciativa, ata 176 supermercados e hipermercados Eroski e Autoservicios Familia en Galicia contarán con 500 carteis conmemorativos nas súas instalacións para dar a coñecer a vida e obra deste poeta valdeorrés e pór en valor o seu legado. Tamén cunha tirada especial de 20.000 bolsas de papel e 1.400.000 bolsas de plástico. 

Estes artigos foron deseñados polos alumnos de CEIP Plurilingüe Virxe do Camiño de Rubiá de Ourense. A acción forma parte dun amplo programa de divulgación e difusión entorno á figura deste escritor promovido pola Xunta.