viernes. 22.11.2024

O presidente da Xunta, Alfonso Rueda, recoñeceu este sábado o labor dos veterinarios na resposta ás demandas sociais en saúde e benestar animal e nos fitos acadados por Galicia nos últimos anos, recordando, por exemplo, que Galicia é unha rexión libre de tuberculose bovina e de brucelose ovina e cabrúa.

Así mesmo, salientou o compromiso deste colectivo cunha alimentación sa e sustentable, en liña co Pacto Verde Europeo e coa Estratexia da granxa á mesa.

Durante o acto de inauguración da sede do Colexio Oficial de Veterinarios de Pontevedra e entrega da medalla e insignia do Colexio a Diego Murillo Carrasco, Rueda destacou tamén a traxectoria do premiado e a súa contribución en múltiples eidos, entre os que destacou o sanitario, como médico especialista en Xinecoloxía e Obstetricia.

O titular do Goberno galego concluíu aseverando que o esforzo e o traballo a favor dunha Galicia mellor como o denominador común entre o galardoado e o Colexio Oficial de Veterinarios de Pontevedra.

Veterinarios de Pontevedra
Comentarios