Valcárcel, alcaldesa de Salvaterra: "DL-G nos fará crecer como territorio e valorizará todas aquelas cousas que nos unen"
22 de noviembre de 2019 (13:14 h.)
É un pracer para min, como alcaldesa de Salvaterra de Miño, municipio transfronteirizo, dar a benvida a este novo periódico dixital que nos achegará dunha forma máis directa a información da nosa raia. Un xornal, DL-G, que nos fará crecer como territorio e valorizará todas aquelas cousas que nos unen, como é a nosa cultura, a nosa historia, a nosa gastronomía, a nosa xente, o noso patrimonio... o que nos diferencia e nos fai únicos.
Deséxovos todos os éxitos, porque o voso éxito será o noso!!