O Sergas convoca 1.070 prazas de enfermería

Close up of hands while nurse takes blood pressure of the woman sitting in the wheelchair in front of hair. Senior caucasian woman and a young hispanic woman. They are indoors, sitting down. The nurse is looking at her watch as she is working. The senior woman is wearing a white shirt with a light blue cardigan on top of it, the nurses scrubs are nearly the same color as the womans cardigan.
O Diario Oficial de Galicia publica, na súa edición de hoxe, o anuncio polo que se dá publicidade á convocatoria dun novo proceso selectivo para o acceso á categoría de persoal de enfermería, en desenvolvemento dos decretos de oferta de emprego público de persoa estatutario para os anos 2019, 2020 e 2021, qué se acumulan para favorecer o emprego fixo.

Como principais novidades, no contexto actual de dous anos de pandemia así como da normativa actual de redución da temporalidade no emprego público, compre destacar que a puntuación mínima necesaria para a superación do exercicio de OPE recortase pasando do 50% do seu valor ao 35%. Asi tamén, increméntanse as prazas de acceso libre.

No apartado do baremo da fase de concurso, contémplase a valoración, cunha puntuación específica, dos servizos prestados en centros de difícil cobertura ou illados así como tamén os servizos realizados durante a situación de alarma orixinada polo coronavirus, como recoñecemento do esforzo e dedicación dos profesionais que estiveron en activo neste período.

Así, polos servizos efectivamente prestados nos hospitais públicos do Barco de Valdeorras, Verín, A Mariña, Cee e Monforte de Lemos, ou en centros sanitarios do nivel de atención primaria situados en concellos caracterizados polo seu illamento respecto dos grandes núcleos poboacionais, asignarase unha puntuación adicional.

Así mesmo, os servizos prestados como persoal de enfermería no período de emerxencia sanitaria covid-19 comprendido entre o 14 de marzo de 2020 e o 9 de maio de 2021, valoraranse cunha puntuación adicional equivalente ao valor asignado a cada un destes méritos de experiencia na epígrafe correspondente do baremo

O baremo de méritos tamén contempla a incorporación dunha puntuación específica polo exercicio de dereitos de conciliación da vida laboral e familiar por parte do aspirante, tales como o desfrute de redución de xornada ou excedencia por coidado de fillos ou familiares, licenza de maternidade ou permiso de paternidade entre outros. No desenvolvemento das probas préstase unha especial atención ás aspirantes xestantes na data de realización do exame.

PRAZO 15 DE XULLO

O prazo de inscrición estará aberto ata o 15 de xullo próximo, co obxecto de posibilitar por un lado a participación neste proceso dos novos titulados de enfermería que finalizarán os seus estudos no próximo trimestre e, por outro, deixar aberta a posibilidade de ampliación do número de prazas a convocar, permitindo acumular a tramitación no mesmo proceso das prazas desta categoría que se aproben no decreto de oferta do ano 2022, o que redundará nunha maior axilidade no desenvolvemento dos procesos.

A inscrición efectuarase a través do sistema de información Fides/expedient-e.

Para calquera dúbida relacionada con este proceso habilítase o seguinte enderezo de correo electrónico.

PRAZAS OFERTADAS

Malia o contexto económico e sanitario dos últimos anos, o Servizo Galego de Saúde, en cumprimento do compromiso de dotar de estabilidade aos seus cadros de persoal, continuou a convocar e desenvolver novos procesos de selección para o acceso á condición de persoal fixo, previa aprobación con carácter anual dos preceptivos decretos de oferta de emprego público, que esgotaron a taxa máxima de reposición de efectivos autorizada pola lexislación básica do Estado e nos que se deu prioridade ás categorías sanitarias.

Así, desde o ano 2012 ofertáronse un total de 8.112 prazas das distintas categorías estatutarias para a súa incorporación, como persoal estatutario fixo, ás institucións sanitarias do Sistema público de saúde galego.

Concretamente, neste período incorporáronse ao Servizo Galego de Saúde, con vinculación fixa un total de 1.454 profesionais de enfermería, dos cales 1.035 pertencen á categoría de enfermeiro e 419 ás especialidades de enfermería obstétrica e xinecolóxica, familiar e comunitaria, pediátrica, saúde mental e traballo, sendo pioneira esta Comunidade Autónoma na incorporación de persoal fixo das especialidades de enfermería familiar e pediátrica.

Este novo proceso que se convoca, cun total de 1.070 prazas, súmase aos actualmente en tramitación convocados por este mesmo organismo que permitirán a próxima incorporación de 2.000 novos profesionais de distintas especialidades médicas, técnicos sanitarios, persoal informático, traballadores sociais e persoal de xestión e servizos das áreas de mantemento e hostalaría, entre outros.

Destas 2.000 prazas con proceso selectivo actualmente en tramitación, 1.320 xa se atopan na fase final de concurso e 680 realizarán os exercicios da fase de oposición nos meses de abril e maio próximos.
Está previsto tamén que, na segunda quincena do mes de abril e no mes de maio, se realicen en Silleda exames de OPE de 24 categorías profesionais que prestan servizos nas institucións sanitarias e entidades adscritas , con mais de 13.000 persoas inscritas.