Rueda cualifica o proxecto de Alta Velocidade entre Galicia e o Norte de Portugal como estratéxico para o futuro da Eurorrexión

O presidente da Xunta interveu no encontro ‘Norte de Portugal-Galicia: territorio e futuro’ organizado pola Fundaçao da Casa de Mateus e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT) da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal.
Alfonso Rueda recordou que a mellora das conexións ferroviarias entre Galicia e o norte de Portugal é unha vella reivindicación da Eurorrexión “porque vai mellorar a vida dos seus cidadáns e dará un pulo ás históricas relacións entre as dúas beiras do Miño, ademais de fortalecer a Eurorrexión como potencia económica”. Ao seu entender, o feito de que o Goberno portugués apostara por esta liña e ata puxera prazos para a súa construción indica que “iamos polo bo camiño”. Por iso instou ao Goberno central a que se pronuncie claramente a favor dun proxecto fundamental para o Eixo Atlántico.

No encontro Norte de Portugal-Galicia: territorio e futuro organizado pola Fundaçao da Casa de Mateus e a Agrupación Europea de Cooperación Territorial (AECT)da Eurorrexión Galicia-Norte de Portugal, o titular do Goberno galego instou ao Goberno de España a que no XXXIII Cumio Ibérico, que se celebrará o 4 de novembro en Viana do Castelo, adquira compromisos sobre o AVE entre Vigo e Porto “máis alá de promesas”.

Alfonso Rueda recordou que a mellora das conexións ferroviarias entre Galicia e o norte de Portugal é unha vella reivindicación da Eurorrexión “porque vai mellorar a vida dos seus cidadáns e dará un pulo ás históricas relacións entre as dúas beiras do Miño, ademais de fortalecer a Eurorrexión como potencia económica”. Ao seu entender, o feito de que o Goberno portugués apostara por esta liña e ata puxera prazos para a súa construción indica que “iamos polo bo camiño”. Por iso instou ao Goberno central a que se pronuncie claramente a favor dun proxecto fundamental para o Eixo Atlántico.

O presidente da Xunta subliñou que no Cumio tamén se reivindicará a posta en marcha do estatuto do traballador transfronteirizo e outras reivindicacións que permitirán afianzar en proxectos de interese para Galicia e o norte de Portugal nos que se leva traballando desde hai máis de tres décadas con moi bos resultados e que agora se queren consolidar da man do Programa Operativo de Cooperación Transfronteiriza España-Portugal (POCTEP) e dos fondos europeos.

RAMÓN VILLARES

No encontro tamén participou o historiador e catedrático de Historia Contemporánea Ramón Villares, que presentou o seu libro Galiza, terra irmá de Portugal, e a quen o presidente da Xunta agradeceu a súa contribución no estudo dos lazos históricos que unen os dous pobos. “Esta obra é unha guía a seguir para entender a Eurorrexión e apostar polo seu futuro”, dixo Rueda.