GASTRONOMÍA

‘Revera Vinum’

o presidente da Asociación Hostalaría Compostela, Thor Rodríguez, nunha rolda de prensa celebrada no Pazo de Raxoi, na que participaron o concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais, Turismo e Festas, Sindo Guinarte, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro.

Amplo programa de actividades do Revera Vinum, entre as que figuran catas históricas, obradoiros, degustacións, mesas de debate e relatorios con sumilleres, enólogos e xornalistas especializados, que se celebrarán durante os dous días que dura o evento. Neste sentido, Castro fixo especial fincapé no alto nivel dos relatores, coma Luis Paadin, Iria Otero, Juan Chamorro, David Rial, Pablo Vidal, Jose Luis Bouzón, Andrea Obenza, David Pascual ou Cecilia Fernández, entre outros.

A Asociación Hostelería Compostela promove por segundo ano consecutivo o Encontro do Viño Galego Revera Vinum, organizado por Escenoset coa patrocinio da Xunta de Galicia, o Concello de Santiago e a colaboración de diversas empresas, como o Cluster de Turismo, CIFP Compostela ou o Raio Verde, e que pretende dar a coñecer e promover os viños galegos entre os profesionais do sector e a veciñanza e os turistas que visiten Compostela, e que se celebrará nesta ocasión os próximos días 27 e 28 de marzo, no San Francisco Hotel Monumento, en horario ininterrumpido de 10.00 a 20.30 horas.
 

Así o sinalou o presidente da Asociación Hostalaría Compostela, Thor Rodríguez, nunha rolda de prensa celebrada no Pazo de Raxoi, na que participaron o concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais, Turismo e Festas, Sindo Guinarte, e a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, recordando que o encontro “busca repetir o éxito da primeira edición, que reuniu a máis de 180 adegas galegas, e polo que pasaron cerca de 5.000 visitantes”.

O evento servirá tamén para “potenciar o turismo gastronómico e recoñecer tanto a calidade dos nosos viños como o peso do sector na economía galega, ademáis de axudar a dinamizar a propia hostalaría da cidade”.

Para a directora de Turismo, Nava Castro, “Galicia sen o viño, as súas D.O. e as súas IXP non se entendería”, e afirmou que e unha rexión que se “pode desfrutar os 365 días do ano”, sendo Compostela “un escaparate perfecto para atopar todas estas referencias”, dando a oportunidade de “catar a nosa esencia” e coñecendo a cultura do viño da man de grandes sumilleres e relatores”.

Serán máis de 500 referencias dunhas 200 adegas, entre a área expositiva e o Túnel do Viño (aberto de 11.00 a 20.30 horas), que dará a oportunidade aos visitantes de que se coñezan todas as variedades de uva implantadas en Galicia.

Ademáis, a directora de Turismo destacou o “amplo programa de actividades” do Revera Vinum, entre as que figuran catas históricas, obradoiros, degustacións, mesas de debate e relatorios con sumilleres, enólogos e xornalistas especializados, que se celebrarán durante os dous días que dura o evento.

Neste sentido, Castro fixo especial fincapé no alto nivel dos relatores, coma Luis Paadin, Iria Otero, Juan Chamorro, David Rial, Pablo Vidal, Jose Luis Bouzón, Andrea Obenza, David Pascual ou Cecilia Fernández, entre outros.

As actividades tendrán un custe de entre 35 e 45 euros, se ben moitas delas serán gratuitas

Pola súa banda, o concelleiro de Presidencia, Relacións Institucionais, Turismo e Festas, Sindo Guinarte, amosouse moi satisfeito de voltar a contar con este evento no calendario de marzo, que “xa superou as súas expectativas na sua primeira edición, pese a ser nun ano de preocupación e limitacións polo covid” e amosouse convencido da súa continuidade, destacando o seu interese “para a posta en valor da nosa gastronomía”.

Guinarte destacou do programa unha das súas accións especiais enmarcadas no Revera Vinum que buscan complementalo e promocionalo na propia cidade, servindo de atractiva antesala do propio evento.

Trátase do Galicia en Copas, no que participarán máis dunha veintena de establecementos hosteleiros, e as Catas e Ceas Maridaxe, ambas previstas do 17 ao 31 de marzo (inclusive).

Neste senso cabe destacar que a idea é reforzar a relación entre as adegas participantes e os establecementos de hostalaría, repartidos tanto polo Casco Histórico como polo Ensanche compostelano. Cada cliente dispoñerá dunha tarxeta na que poderá ir selando a visita ao local no que consuma, e entrar no sorteo de diferentes agasallos, entre eles cinco noites con almorzo en locais de turismo rural, 25 visitas a adegas de Galicia e varios lotes de viños.

E precisamente será nalgúns destes mesmos locais onde se celebren tamén catas e ceas maridaxe a fin de promover a gastronomía e a riqueza dos seus productos.

ENTRADAS

O presidente da Asociación Hostelería Compostela lembrou que o programa “todavía está aberto” e engadirá algunha sorpresa, ademáis de adiantar que as entradas, ó prezo de 10 euros, sairán á venda a mediados de febreiro, podendo adquirirse na propia sede da asociación e nalgúns locais colaboradores, así como a través da páxina web (www.reveravinum.gal), á que remitiu para estar informado "xa que é alí onde se irá colgando puntualmente toda a información relativa ao encontro".