Pesar da Asociación da Prensa de Santiago polo pasamento de Pepe Domingo Castaño
A Asociación de Periodistas de Santiago de Compostela (APSC-FAPE) amosa o seu pesar polo pasamento do coñecido comunicador e locutor radiofónico Pepe Domingo Castaño, falecido os seus 80 anos, en Madrid. Nado no moi rosalián lugar de Lestrove (Dodro-Padrón), sempre estivo moi vencellado a Santiago de Compostela sobre todo desde os seus inicios como locutor en Radio Galicia da Cadena SER, e tamén como colaborador do diario local El Correo Gallego.
Fillo adoptivo de Padrón, marchou en 1966 a Madrid onde se consolidou profesionalmente como un afamado comunicador radiofónico en diversos medios de comunicación, sobre todo dentro dos ámbitos deportivos e musicais. Entre outros galardóns, recibiu catro Premios Ondas.
A Xunta Directiva da APSC-FAPE, en nome de toda a membresía dos xornalistas composteláns, traslada o seu máis sentido pésame a familiares, amigos e compañeiros da profesión. Descanse en paz.