O seguimento da folga nos centros sanitarios de Atención Primaria na xornada de tarde é do 12,1% e estanse a cumprir ao 100% os servizos mínimos, segundo a Xunta
A Consellería de Sanidade e o Servizo Galego de Saúde destacan que a folga convocada pola Asemblea de Médicos de Atención Primaria de Galicia na xornada de hoxe, correspondente á quenda de tarde, está a ser secundada nos centros asistenciais de Atención Primaria por un 12,1% do total do persoal chamado á folga.
Por áreas sanitarias, o seguimento é do 12% na Área Sanitaria da Coruña e Cee, do 7,5% na Área Sanitaria de Ferrol, do 9,6% na Área Sanitaria de Santiago de Compostela e Barbanza, do 7,4% na Área Sanitaria de Lugo, A Mariña e Monforte de Lemos, do 13,7% na Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras, do 10% na Área Sanitaria de Pontevedra e O Salnés, e do 17,3% na Área Sanitaria de Vigo.
A Administración sanitaria tamén destaca que o grao de cumprimento dos servizos mínimos durante a xornada é do 100%.