O Concello de Salvaterra busca un slogan contra a violencia de xénero entre os estudantes do IES

Ias Xornadas contra a violencia de Xénero do GDR

Unha xornada de concienciación sobre a Violencia de Xénero organiza, como xa é costume, o Concello de Salvaterra de Miño en colaboración co IES  do municipio para o 25 de novembro. 

Dende o Departamento de Servicios Sociais levamos anos traballando na concienciación e educación dun espazo libre de violencias a través de diversos programas de actuación enfocados sobre todo á xente moza. Un ano máis levarase a cabo o concurso de slogans contra a violencia de xénero, de onde saíra o eslogan gañador e co cal se elaborará toda a campaña de difusión que realizará o Concello neste eido.

Os premios e o slogan gañador daranse a coñecer o próximo 25 de novembro nun acto no Salón de Plenos do Concello de Salvaterra de Miño, ademais ese mesmo día repartirase o material da campaña deste ano, con pulseiras e marcapáxinas que conterán o slogan gañador do ano pasado e deste ano. E por último descubrirase o traballo elaborado polos alumnos de carpintería e plástica  do IES co cal se porá  voz propia ás vítimas.

GDR

O Grupo de Desarrollo Rural, GDR Condado Paradanta, en colaboración coa Xunta de Galicia, organiza no Concello de Salvaterra de Miño a Ias Xornadas contra a violencia de Xénero, este martes 19, centradas nos recursos existentes, e que están dirixidas aos alumnos e alumnas do IES Salvaterra de Miño